About/gl

From Document Freedom Day

O Document Freedom Day (DFD) é o Día mundial para a Liberación de Documentos. Será un día de esforzos a nivel local para educar ao público verbo da importancia de Formatos de Documentos Libres e estándares abertos en xeral.

Complementario ao Software Freedom Day, o noso obxectivo é ter equipos locais de todo o mundo que organicen eventos no último mércores do mes de marzo. O 2009 é o segundo ano que se convoca o Document Freedom Day e estamos de novo en busca de persoas en todo o mundo que estean dispostas a sumarse ao esforzo.

Os principais obxectivos do DFD son:

  • a promoción e a adopción de formatos de documentos libres
  • a formación dunha rede mundial
  • a coordinación das actividades que pasen o último mércores de marzo, no Document Freedom Day

Unha vez ao ano, imos celebrar o Document Freedom Day como unha comunidade gobal. Durante eses días, DFD centrarase en facilitar a acción comunitaria e a creación de conciencia sobre cuestións como a liberdade dos documentos e os estándares abertos.

Esperamos que te unas á comunidade DFD.

Personal tools