Open Document Format/gl

From Document Freedom Day

Vivimos nunha era dixital onde os documentos impresos son rapidamente substituídos por rexistros electrónicos. Podemos ver tamén que día a día xa non precisamos empregar papel e lapis para gardar a información. Nesta situación a cantidade de datos que queremos gardar por moito tempo comezan a ser críticos. Este é o caso especial de contratos legais e documentos gobernamentais que queremos manter válidos e son relevantes durante décadas, ou incluso centurias. Así como houbo antigos vendedores de papel e lapis durante a historia, e non un só, así deben ser os formatos e aplicativos que son empregados e deben ser independentes dun vendedor. Isto reflíctese na garantía dun acceso a longo prazo aos datos, aínda que as empresas provedoras desaparezan, cambien a súa estratexia ou suban dramaticamente os seus prezos.

ODF(OpenDocument Format) é un estándar ISO creado para axudar a proporcionar un formato de ficheiro de documentos baseado en XML que poida ser empregado para documentos que conteñen texto, follas de cálculo, gráficas e elementos gráficos. ODF é definido mediante un proceso aberto e transparente por OASIS e foi aprobado unanimemente pola Organización Internacional para a Estandarización (ISO) e a Comisión Internacional de Electrotécnicos (IEC) como un estándar internacional en mMaio do 2006. No canto de tentar reinventar a roda, ODF emprega estándares establecidos coma HTML, SVG, XSL, SMIL, XLink, XForms, MathML, e Dublin Core.

ODF deixa espazo para que todos os vendedores presentes e futuros poidan incorporalo e asegura que o usuario final non se vexa atrancado polo cerre do seu vendedor. En contraste aos novos formatos binarios empregados que son cifrados e dificultosos de procesar, ODF emprega XML para facer o acceso aos contidos do documento moito máis sinxelo.

ODF garante a viabilidade a longo prazo. O TC ODF de OASIS, a Adopción TC do ODF de OASIS, e a Alianza ODF inclúe membros coma Adobe, BBC, EDS, EMC, GNOME, Google, IBM, Intel, KDE, Novell, Oracle, Red Hat, Software AG e Sun Microsystems. Dende xuño de 2006 a Alianza ODF ten máis de 300 membros.

Traducións:

Castelán Catalán Portugués
Personal tools